Escoitar

Electromecánicos restaura unha farola datada nos anos 20 do século pasado

luns, 18 feb 2002
imx1104.jpg
Farola antes da reparación
A Concellería de Electromecánicos instala nos xardíns Eduardo Cabello, de Bouzas, unha farola datada nos anos 20 do século pasado tralo proceso de restauración que permitirá a súa conservación para o disfrute de tódolos que paseen pola zona. O presuposto da reparación foi de 5.700.000 pesetas.

A restauración consistiu na recomposición das catro espirais da parte superior e cambio das pletinas que se atopaban deterioradas na árbore central da columna. Recompúxose completamente a coroa con tódolos seus elementos: 32 espirais, 32 cuadrículas, 4 aros, 4 cordóns, 120 medias bolas e 120 cabezas de remaches, radios, tirantes e medios arcos.

A recomposición dos brazos soporte, a reconstrucción da parte superior dos farois colgantes, aproveitando a parte onde se aloxan os cristais, a recomposición de tódolos lazos, a apertura dos 12 cordóns por completo e a restauración das partes danadas do capacete de coroación e dos brazos-soporte son outras das actuacións efectuadas.

A farola recibiu tamén un tratamento para protexer a oxidación de tódolos elementos reparados mediante galvanizado en quente e, finalmente, foi pintada de cor verde.
Descargar todas as imaxes