Escoitar

Continúa o Festival de Teatro Alternativo

xoves, 14 feb 2002
imx1092.jpg
Friks
Akatteatro Laboratorio representará a obra Friks dentro da programación do Festival de Teatro Alternativo que se celebra cada venres ata o mes de marzo e que conta coa colaboración da concellería de Festas e Animación Sociocultural.

”Friks” é unha historia que acontece en tempo cero. ”Un reloxo que se detén anuncia a morte. Seis personaxes morreron en lugares e circunstancias moi diferentes neste planeta chamado terra Só un denominador común: a inxustiza que arrodea as súas vidas e as súas mortes. A equipaxe consiste en caixas cheas de buratos que reflexan un interior baleiro, esa memoria que se perdeu ó traverso da vida. Comeza a viaxe cara a nada, cara o espacio baleiro e o tempo cero”.

Akatteatro Laboratorio presenta o seu primeiro espectáculo no ano 2000 coa obra ”La taberna de Plata”. A partir dese momento comeza a fraguarse o espírito de compañía: un centro de creación e investigación de novas linguaxes teatrais, onde converxen ideas de artistas diversos coa fin de non levar sempre unha mesma liña, que as regras as impoña o memos proceso de montaxe e os propios creadores que participen nesta.

A representación terá lugar ás 21 horas no Auditorio Municipal e o prezo é de 5€.

Descargar todas as imaxes