Lois Castrillo, partidario de que os concellos da futura área metropolitana coordenen as políticas de emprego
O alcalde de Vigo e presidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal, Lois Castrillo, amosouse partidario de que a futura Área Metropolitana coordene as políticas de emprego dos concellos membros. Castrillo afirmou que os axentes sociais e económicos e as administracións públicas deben traballar conxuntamente nos programas dirixidos á creación de emprego.
O alcalde vigués fixo estas manifestacións no acto de presentación das actividades que realizará nos próximos dous anos a Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade. Esta unidade está formada por un equipo interdisciplinar de 13 técnicos que colaboran cos Concellos na elaboración de programas de emprego e formación. A UPD vén realizando tarefas de apoio aos concellos da Mancomunidade dende 1995. Entre elas pódese citar o deseño de proxectos que recibiron financiamento europeo como o PRODER, ADAPT ou EQUAL. Este último, aprobado recentemente, vai supoñer un investimento de 2.800.000 euros en accións de mellora da inserción laboral na área de Vigo.
A UPD finánciase con aportacións da Xunta, a través da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, e do Fondo Social Europeo.