O Concello apoia a Alecrín en contra da explotación sexual das mulleres
O Concello de Vigo, a asociación feminista Alecrín e a Deputación de Pontevedra promoverán a Campaña contra a Explotación Sexual das Mulleres co gallo da celebración, o próximo 23 de setembro, do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Prostitución.
Segundo explicou a coordinadora de Alecrín, Silvia Pérez Freire, os obxectivos desta campaña son concienciar a poboación en xeral para que os clientes da prostitución sexan sancionados socialmente, así como protexer as mulleres prostituídas e darlles alternativas ao seu modo de vida actual "porque as demandan".
O traballo desenvolvido por Alecrín no ámbito da prostitución en Galicia ao longo de 15 anos sérvelle de base á súa coordinadora para afirmar que as entre 800 e 1.000 prostitutas de Vigo e a súa área de influencia, xunto coas entre 8.000 e 10.000 repartidas pola nosa comunidade, responden na súa maioría ao perfil de muller inmigrante en situación ilegal, de 20 a 26 anos, con cargas familiares e débedas que solventar.
Para Silvia Pérez Freire, isto significa que a inmensa maioría das mulleres prostituídas están nunha situación de vulnerabilidade da que o cliente prostituidor "forma parte dunha forma activa", sendo, ao mesmo tempo, "o máis invisibilizado". No caso dos clientes "non existe un denominador común", afirma a coordinadora de Alecrín, xa que "calquera home con 20 euros" pode selo, aínda que "a maioría son clientes habituais" que usan os servizos das prostitutas "dúas ou tres veces por semana".
O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, mostrou o apoio do Concello a esta campaña contra "un feito cada vez máis globalizado" e afirmou que "a legalización da prostitución non é posible en ningún caso", xa que supón o "comportamento de dominación sexual sobre as mulleres máis cruel".
A Campaña contra a Explotación Sexual das Mulleres, que terá un custo total de 30.000 euros, empregará carteis coa lenda "Cliente prostituidor, ti es o culpable", que serán colocados nos vehículos do transporte urbano colectivo e nos taxis de Vigo, e distribuídos entre as asociacións de mulleres e outras entidades. A campaña tamén se servirá de publicidade en televisión.
Descargar todas as imaxes