O Goberno espera ter licitadas todas as obras do Plan Parroquias en setembro
O Goberno municipal espera que todas as obras incluídas no Plan Parroquias estean licitadas en setembro, segundo afirmou hoxe luns o seu portavoz, José Manuel Figueroa. Nos próximos días licitaranse traballos como a ampliación da rede de saneamento de Coruxo e a mellora de beirarrúas en varias parroquias.
Entre as rúas que serán obxecto de melloras están a Baixada á Laxe (Sárdoma), Pouleda (Teis), Xuncal (Navia) e Baixada á Praia (Saiáns). Tamén recibirán o visto bo da Mesa de Contratación nos próximos días as obras de mellora de beirarrúas na rúa Vía Norte e na Avenida Castelao.
José Manuel Figueroa tamén anunciou a licitación nos proximos días de obras de humanización na Praza da Independencia, a rúa República Arxentina (entre Urzaiz e García Barbón), Rogelio Abralde e outras rúas do casco urbano, por valor de 1,5 millóns de euros. Estas obras de humanización seguirían o modelo das realizadas na rúa Uruguai.
Ademais, o portavoz do Goberno local asegurou que "nos próximos meses" comezarán as obras de remodelación do edificio posterior do Reitorado para que "a partir do próximo ano" poida servir como sede da Deputación Provincial de Pontevedra. Neste sentido, Figueroa agradeceu "a sensibilidade e o compromiso" con Vigo do presidente da Deputación, Rafael Louzán, xa que, segundo afirmou, as melloras no edificio do Reitorado permitiranlles aos vigueses gozar dunha administración máis próxima e eficiente.
Por outra parte, a Xunta de Goberno Local, reunida como de costume hoxe luns, prorrogou por un ano o contrato do servizo municipal de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo, aprobando un gasto de 120.000 euros.
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de convenio de colaboración coas Asociacións de Comerciantes de Príncipe e Calvario para a renovación estética de rúas comerciais. As correspondentes obras serán executadas polo Concello e cofinanciadas nun 70% (29.700 euros) pola Consellaría de Innovación e Industria, mentres que o resto correrá a cargo das Asociacións de Comerciantes de Príncipe (4.350 euros) e Calvario (4.563).
Descargar todas as imaxes