Prosegue o Festival de Teatro Alternativo coa actuación de Los Cafiolos
A compañía Los Cafiolos ofrecerá o 8 de febreiro no auditorio municipal ”MK054”, un espectáculo composto por situacións breves apoiadas fortemente na estética. En cada bloque, catro actores interpretan, con distintos personaxes, historias de grande impacto visual que van da inxenuidade ó terror.
A música e a iluminación acompañan un suxestivo clima de suspense, no que o erotismo e o humor están presentes. A acción do espectáculo impón un ritmo de vertixe no que corpos, texto e imaxe vibran no público.
O espectáculo, en constante crecemento, foi concibido en Bos Aires e xa percorreu varias cidades españolas. ”O espectáculo varía en función do lugar onde se representa, mantendo a esencia do que se quere transmitir, o que resulta interesante como grupo para poñerse a proba constantemente”, explicou un dos actores de Los Cafiolos.
O teatro alternativo é unha manifestación artística multidisciplinar, na que teñen cabida a ironía, a comedia, o humor acedo e a provocación: é un teatro libre, aberto á imaxinación: agresivo ás veces, outras provocador e sempre irreverente.
A imaxe cobra, nalgúns casos, tanta importancia que é ela mesma a que fala substituíndo á palabra. Así mesmo os textos apórtanlle ó espectáculo un carácter mordaz, reivindicativo e sarcástico.
Deste xeito, téntase mostrar “a outra faciana” do teatro, cunha visión máis actual de plantexamentos e formas, que exprese a problemática social, fuxindo do aburguesamento do teatro comercial e das súas resolucións fáciles e politicamente correctas. É “a outra alternativa”, o outro punto de vista no que a imaxinación do público forma parte do espectáculo.
Dentro dos seus obxectivos prioritarios, o festival quere propoñerlle ó publico outra forma e fondo do teatro a través de grupos de primeira na escena alternativa e inéditos en Galicia.
O festival pretende tamén conseguir que a cidade de Vigo sexa -do mesmo xeito que outras cidades como Madrid ou Barcelona- un referente anual da escena alternativa contemporánea no noso país. Nesta primeira “fornada” presentamos grupos moi diferentes na súa posta en escena pero cunha excelente calidade nas súas montaxes. Pero sempre a derradeira palabra a ten o público.
Descargar todas as imaxes