Xuntanza folclórica en Vigo
O Festival ten como obxetivo a procura da convivencia entre outras culturas, entre homes e mulleres de países e culturas distintas.
O Concelleiro de Festas presentou a mañá do mércores o XIII Festival Folclórico Internacional acompañado de representantes das asociacións folclóricas viguesas, Gaiteiros da Xistra, Corisco e Lembranzas Galegas. O evento comezará o 14 de xullo ata o día 21 do mesmo mes. O longo destos días se celebrarán distintos espectáculos polas rúas dos grupos de folclore internacionais invitados o evento. Esta iniciativa permite dar a coñecer os vigueses culturas e tradicións completamente diferentes a súa.
Programa
O programa inaugúrase o venres 14 de xullo ás 21.30 horas no auditorio da Asociación Veciñal de Beade, onde actuarán os grupos Semente da Arte Galega (baile); Arume (gaitas) e Volta do Demo (pandereitas). Pero o acto central do Festival vaise celebrar o día seguinte, o sábado 15 de xullo, ás 22 horas no Teatro do Centro Cultural Caixanova. Na organización deste acto participan Corisco, Lembranzas Galegas e a Escola Municipal de Danza de Vigo.
O programa continúa o domingo 16 de xullo ás 21.30 horas no Auditorio da UVCD de Candeán, onde actuará o grupo Durgamata. Á mesma hora, o martes 18 de xullo será o Torreiro da Festa de Santo André de Comesaña o que acolla o Festival, coas actuacións da SVCD Nautilus, Os Ventos de Comesaña e Tangaraño.
As dúas últimas citas do Festival Folclórico Internacional terán lugar o mércores 19 de xullo no Auditorio da AVCD Monte da Mina de Castrelos e o xoves 20 de xullo na Pista Polideportiva da AVCD de Lavadores, onde actuarán Froles Novas (baile); Meigallos (gaiteiros) e Tarambainas (pandeireteiras). As dúas citas serán ás nove e media da noite. Pero antes, o 17 de xullo, haberá unha recepción oficial para os grupos por parte do concelleiro de Cultura, Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves. O acto celebrarase ás 20.30 horas no Monte da Mina de Castrelos.
Ademais, o Festival Folclórico Internacional inclúe no programa un grupo de animación, Sbandieratori Ducato Caetani, que se estreará nas rúas de Vigo o sábado 15 de xullo dende as 20.00 horas. Comezarán a súa actuación dende a Praza da Constitución, dende onde irán ata na rúa do Príncipe. Despois actuarán todas as mañás en distintos puntos da cidade: o domingo 16 de xullo ás 11.30 horas dende a pérgola de Bouzas ata a rúa de Eduardo Cabello; o martes 18 de xullo ás 12.00 horas na Pista de Patinaxe de Samil; o mércores 19 de xullo ás 12 horas dende o Náutico ata o edificio da Xunta; o xoves 20 de xullo ás 12.00 horas na zona peonil do Calvario e, por último, o venres 21 de xullo ás 12.00 horas dende a Praza da Independencia ata a de América.
A Sbandieratori Ducato Caetani é unha familia cunha historia moi especial. Son oriundos da fortaleza de Sermoneta, hoxe unha urbe fantasma que foi unha importante cidade no medievo, da que só queda un espléndido oasis natural. Os despregadores de bandeiras deste grupo evocan nas súas actuacións antigas batallas, un espectáculo cheo de alegría que non deixará indiferente a quenes o contemplen polas rúas de Vigo. A Ducato Caetani tenta redescrubir os valores da tradición do folclore, e percorren toda Europa levando as tradicións máis típicas de Italia. Son 25 persoas que levan máis de quince anos viaxando coas súas bandeiras por todo o mundo.
Xunto a eles, no Festival Folclórico Internacional visitarán Vigo este ano outros tres grupos convidados. O grupo de danzas El Forcat vén dende Valencia, e leva traballando dende o ano 1992 no coidado da tradición folclórica da súa terra. Non se limitan a bailar, senón que investigan e estudan a indumentaria, a danza e a música tradicional valenciana.
O ballet Kassuomaye ven dende Dalifort, en Senegal, onde se fundou no ano 1987. Elixiron o nome porque simboliza a paz e a solidariedade que existe entre os artistas, por Kassuomate é paz na linguaxe diola, que é a falada nunha rexión do sur de Senegal. Este ballet percorre normalmente África co seu espectáculo, e participou en campañas internacionais para Unicef. Este ballet tenta formar á mocidade no mundo da arte, a través da danza e a percusión.
O terceiro grupo, Khasaviurt, fundado no ano 1986 en la República de Daguestán, unha das repúblicas autónomas da Rusia Federalista, vén a Vigo dende o Cáucaso Norte. O corpo de baile está formado por 28 persoas, e o musical por 8, que tocan instrumentos tradicionais coma o acordeón nacional, zurna, pkhatich, tambores e outros. A idade dos membros do grupo oscila entre os 14 e os 18 anos.
Descargar todas as imaxes