Escoitar

A partir do venres prohibiranse as obras de canalización de servicios no centro da cidade

mércores, 14 mar 2001
O venres remata o prazo dado ás operadoras de gas e cable para realizar obras no centro da cidade. A partir dese momento, só se permitirá realizar traballos de reposición do pavimento.

O peche das gavias abertas polas operadoras na zona centro é condición imprescindible para que as empresas obteñan licencia para realizar traballos noutra das zonas da cidade marcadas polo Concello (Coia, Bouzas, Beiramar). Nesta área, as obras terán como prazo de finalización o 31 de maio.

O Goberno municipal analizará, na súa reunión do luns, a marcha das obras e o estado das rúas afectadas. As operadoras deberán encargarse da reposición do firme, das beirarrúas e do pintado de sinalización horizontal.

Nas últimas semanas non se autorizaron novas solicitudes de obras das operadoras, posto que os técnicos estimaron que o prazo de execución non era suficiente para o seu remate antes do venres.