Imanol, o cantautor vasco da liberdade
O cantautor vasco Imanol é o protagonista do terceiro concerto do ciclo programado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, “Voces de autor”. O compositor e cantante é un claro expoñente da realidade do País Vasco, onde a loita polas liberdades converteuse en algo imprescindible nas últimas décadas.
Imanol encarna, coma ninguén, o pouco que queda daquelo que se deu en chamar, nos últimos tempos do franquismo, a “canción protesta”. Amigo dende os anos setenta de Paco Ibáñez, personifica o devezo dunha boa parte do pobo vasco por terminar coa violencia e inicia-la batalla pola autodeterminación do seu pobo por canles pacíficas e coa palabra e o diálogo como eixes fundamentais.
O autor donostiarra, que conta con 54 anos de idade, dedicou toda a súa actividade musical a desenvolver e facer chegar ó público o sentir dos seus paisanos, tanto en cancións compostas en éuscaro como en castelán.
A súa actividade profesional comezou cedo. Primeiro no grupo de danza “Argia”, entre os anos 1964 e 1968, cando se dedicaba a percorrer pobo a pobo con espectáculos de danza e cancións tradicionais, co empeño de que estas non se perdesen co paso dos anos. Foi entón cando gravou o primeiro dos seus discos dunha longa carreira discográfica con case 17 obras completas, a maioría delas interpretadas en éuscaro. Este primeiro traballo gravouno co pseudónimo de Michel Etchegaray.
Comprometido politicamente coas ansias de liberdade do seu pobo, Imanol exiliouse en París unha vez concluído o tristemente famoso xuízo de Burgos, en 1971. Na capital francesa, onde viviu ata 1976, desenvolveu boa parte da súa carreira musical, aínda que non foi ata os anos oitenta, xa na democracia, cando as súas obras gozaron dun amplo respaldo, sobre todo pola poboación vasca.
Neses anos continuou o seu labor en prol da paz no País Vasco, con conviccións plenas a favor da autodeterminación pero sempre dentro das canles pacíficas. Un dos fitos principais da súa vida e da súa carreira foi a súa participación, como impulsor, na homenaxe a Yoyes, a ex etarra asasinada nos anos oitenta. Ese feito fíxolle entrar na lista dos perseguidos polos violentos, recibindo continuas ameazas que non entorpeceron o seu labor de creación, aínda que si fixeron que os seus esforzos en prol da paz se multiplicasen.
Tanto é así, que os grupos contra a violencia lle renderon homenaxe hai uns anos.
A morte da súa nai, hai aproximadamente un ano, convenceulle para abandona-lo País Vasco e continua-lo labor a prol da paz fóra de Euskadi. Esta decisión foi criticada por determinados grupos políticos e instrumentada por outros.
A traxectoria musical de Imanol atravesou polos seus mellores momentos cando puxo música a composicións poéticas de autores vascos moi significativos como Gabriel Aresti ou Felipe Juaristi, ademais de outros. O seu último disco, gravado en 1998 con Paco Ibáñez, con cancións populares da súa terra, amosa de novo o devezo do cantautor por todo o vasco.
Imanol, ó longo da súa carreira, realizou xiras por Francia, Alemaña e Estados Unidos, aínda que a maioría das súas actuacións se centraron sempre no País Vasco, tanto en España como en Francia.
Os críticos consideran que para coñece-lo desenvolvemento artístico de Euskadi nos últimos trinta anos é imprescindible segui-la obra de Imanol, tanto na súa vertente musical como poética.
DISCOGRAFÍA DE IMANOL
1962 – “Michel Etchegaray”
1972 – “Askatasunaren pausoak tinkatzen ari”
1973 – “Orain borrokarenean” (Le Chant du Monde)
1974 – “Herriak ez du barkatuko” (Le Chant du Monde)
1977 – “Lau Haizetara” – Gwendal Taldearen Iaguntzaz (CBS)
1979 – “Sentimenduen hauspoz” – Klabelin komik taldeak lagundurik (IZ)
1981 – “Jo ezan” - Klabelin komik taldearekin (IZ)
1982 – “Iratze okre gediak” (IZ)
1984 – “Erromantzeak” diska bikoitza (IZ)
1985 – “Orhoituz” (ELKAR)
1987 – “Joan-etorrian” (ELKAR)
1989 – “Muga beroetan” (ELKAR)
1990 – “Amodioaren berri” (ELKAR)
1990 – “Viajes de Mar y Luna” (Ediciones Cúbicas)
1994 – “Barne Kanta” (Larzabal disketxea)
1996 – “Hori bera da denen ixtoria”
1998 – “Oroitzen” – Cancións populares vascas – Imanol e P. Ibáñez (PDI)
Descargar todas as imaxes