Inauguración da exposición ”O Universo e a conquista do espacio”
Vigo acolle, do 12 de marzo ó 6 de abril, unha proposta cultural de divulgación científica e de ocio que presenta unha visión da evolución dos computadores, das telecomunicacións e un percorrido pola historia da conquista do espacio e das relacións do home co Cosmos.
A exposición titulada ”O Universo e a conquista do espacio” permanecerá aberta nestas datas no Centro Cultural da Fundación Caixagalicia. Esta mostra está dividida en dúas seccións, Universo e Conquista do Espacio.
O Universo é un espacio con dimensións que escapan á capacidade da comprensión humana. Mesmo o sistema solar, unha reducida rexión dese todo no que nada queda excluído, xa é dificilmente mensurable cos criterios de distancias e tamaños cos que se adoita traballar. A mostra procura poñer ó visitante na situación real de que a vida é unha partícula ínfima. O elemento maioritario dentro do contorno global que se denomina cosmos é a nada, o baleiro, iso que chaman espacio.
No sistema planetario, o tanxible está acaparado de maneira abrumadora polo Sol, que representa o 99,99% da materia existente. O 0,01 restante é compartido polos nove planetas cos seus satélites, asteroides, meteoroides e cometas.
Ademais do paseo polo sistema solar, esta mostra ofrece unha viaxe no tempo desde o inicio das relacións do home co espacio. Primeiro como observador, na antigüidade e na Idade Media, cando do ceo se nutrían a astronomía e maila astroloxía e, logo, como espreitador mediante técnicas máis sofisticadas, entre corpos celestes e as súas leis e, nos últimos 50 anos, como aventureiro que se lanza ó espacio.
O ciclo de cinema ”O Universo no cine” desenvolverase do 12 ó 17 de marzo no auditorio municipal ás 20:00 h. con acceso libre ata completar o aforo. Conta colaboración do Cine Clube Lumière.
O 12 de marzo proxectarase «2001: A SPACE ODYSSEY» (2001: Unha Odisea no Espacio) e haberá un videoforum de Celso López Pazos. O 14 de marzo exhibirase «CHIKYU BOEIGUN» (Os Extraterrestres), o 15 de marzo «FROM THE EARTH TO THE MOON» (Da Terra á Lúa) e o 16 de marzo «2010» (Odisea II) e outro videoforum a cargo de Celso López Pazos, o 17 de marzo «FRAUD IM MOND» (A Muller na Lúa).
As curtametraxes que se pasarán son «La Luna à un Metre» e «Le Voyage dans le Lune».
Realizaranse tamén obradoiros de astronomía, do 26 ó 30 de marzo, no Salón de Actos da Escola de Peritos e do 2 ó 6 de abril no Auditorio do Centro Cultural da Fundación Caixagalicia.
Para participar nestes obradoiros é necerario facer unha inscrición previa con abono de matrícula antes do 16 de marzo. O prezo é de 10.000 ptas e hai reduccións do 50% para membros das tres universidades galegas e persoas paradas ou xubiladas e dun 75% para bolseiros do M.E.C. e da Xunta de Galicia.
As visitas ó planetario realizaranse do 12 ó 30 de marzo (de luns a venres) de 17:30 a 19:00 horas na Escola Náutico-Pesqueira de Vigo. É necesario facer unha inscrición previa de carácter gratuíto, ata completar o aforo que se pode cumplimentar na Sala de Exposicións da Casa das Artes. O programa require que as visitas estean limitadas en grupos de 40 persoas.
O ciclo de conferencias «FICCIÓN E CIENCIA» comezará no Auditorio Municipal o 13 de marzo ás 20:00 horas baixo o título «HAL e moitos outros fallaron á cita: O que a ciencia ficción non acertou», por Manuel Toharia Cortés.