O Concello saca a concurso as obras de demolición do antigo cuartel de Barreiro
A Comisión de Goberno aprobou hoxe o proxecto de demolición do antigo cuartel de Barreiro e o prego de condicións para a contratación, a través dunha poxa, das obras correspondentes. O prezo de licitación da obra é de 35.281.611 ptas. A intención do goberno municipal é a de que a demolición esté rematada antes do verán.
O goberno decidiu salvar da picaña as dependencias que o Ministerio de Defensa utilizaba como cortes e tamén a vella capela. Estes edificios rehabilitaranse para ser destinados a vestiarios e almacén que den servicio ás futuras instalacións deportivas. A empresa que execute os traballos deberá recuperar os piares de pedra das construccións. A superficie total construida a demoler é de 5.697 m2. O volume total da demolición é de 15.382 m3.
Durante a execución das obras estará expresamente prohibido o uso de explosivos. Antes do comezo revisaranse as fincas colindantes e levantarase unha acta notarial. A empresa que execute os traballos deberá repoñer a beirarrúa e os xardíns situados fronte ao vello cuartel.
A intención do goberno municipal é a de aproveitar os labores de demolición para realizar algúns movementos de terra na parte posterior das instalacións. Dese xeito poderán comezar as tarefas de acondicionamento dos terreos (83.640 m2) para albergar un parque botánico e tamén a construcción do campo de fútbol.
Adxudicación de obras
A Comisión de goberno adxudicou hoxe as obras de pavimentación de diversas avenidas de Vigo:
-Avda. da Florida (17.598.000 ptas)
-Camiño do Fragosiño (5.054.000 ptas.)
-Avda. de Samil (23.796.000 ptas.)