Escoitar

Vigo representa a Galicia na Mostra Multicultural de Tarrasa

mércores, 14 mar 2001
A concelleira de Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, asistirá o próximo venres, día 16, á inauguración da Mostra Multicultural que organiza el Ayuntamiento de Terrassa.

A cidade de Vigo será escaparate de Galicia durante os tres días que dure a Mostra. Tamén haberá representación das comunidades de Andalucía, Aragón, Castilla-La Mancha, Extremadura, Murcia, Marrocos e Cataluña.

O estand de Vigo amosará unha exposición de imaxes e elementos culturais e turísticos da cidade. Tamén haberá demostración do proceso de traballo a cargo de varios artesáns, como un cesteiro, unha palilleira e unha pulpeira.

O grupo da Escola Municipal de Danza de Vigo participará nas diferentes actuacións organizadas no Recinto Feiral e percorrerá as rúas do centro da cidade.

A Mostra Multicultural celébrase cada dous anos e esta é a sexta edición. O certame trata de reflexar a diversidade e pluralidade cultural que se pode atopar nunha cidade como Tarrasa.