A Casa das Artes ofrece a exposición colectiva "9 x 9"
A partir de mañá xoves e ata o 26 de febreiro a Casa das Artes ofrece a exposición colectiva "9 x 9", conformada por 81 obras de nove artistas que xa mostraron os seus traballos na Casa Galega da Cultura nos anos 2004 e 2005.
Esta exposición naceu e desenvolveuse como proxecto na Casa Galega da Cultura, que nos últimos anos se converteu nun espazo aberto, libre e multidisciplinar que aposta polos autores que están empezando a súa actividade artística ou queren consolidala en Vigo.
A mostra está conformada por 81 obras, nove por cada un dos nove artistas, entre as que hai pinturas, esculturas, gravados, debuxos e fotografías. Os autores reunidos en "9 x 9" son: María Carmen Arenas, Cinhalam, Pedro Dobao, Pablo Fontenla, Carmen Lage, Marta Olivares, Begoña Pérez-Herrera, Nuria Rivas e Alexandre Santorio.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, afirmou hoxe mércores que esta exposición demostra que "Vigo ten empuxe cultural" e é unha "cidade dinámica" que debe aspirar a converterse nunha referencia neste campo.
O horario da Casa das Artes é o seguinte: de luns a venres, de 18:00 a 21:30; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30, e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00. A mostra será inaugurada mañá xoves ás 20:00.