Escoitar

Aprobada a adquisición dos restos de dúas parcelas para a execución da baixada a Ríos-Teis

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves a adquisición directa dos restos dunha parcela de 173 e outra de 20 metros cadrados para a execución da obra "Baixada a Ríos-Teis"

xoves, 27 out 2005
1130419160xeren2710.jpg
Ademais, quedaron aprobadas definitivamente axudas para a rehabilitación dun edificio de seis vivendas e elementos comúns na rúa Elduayen, 17, e de elementos comúns na praza da Igrexa, 1-1º, Poboadores, 42, e rúa Misericordia, 1.

Por outra parte, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local a desestimación dos recursos presentados contra o acordo de aprobación definitiva da UE "I-06 Rosalía de Castro 2".

A Xunta de Goberno Local tamén deberá decidir sobre a rectificación e aclaración do proxecto de compensación da UA 14 Pedreira, de San Miguel de Oia. Neste sentido, o Consello da Xerencia de Urbanismo propuxo, entre outras medidas, remitir copias das actas de ocupación e pagamento ou consignación do xustiprezo das fincas obxecto do expediente de expropiación, e incorporar a este proxecto o cadro de porcentaxe das parcelas resultantes en relación coas fincas de procedencia.
Descargar todas as imaxes