O Consorcio do Casco Vello define a súa organización e liñas de actuación
O Consorcio do Casco Vello, entidade en que participan o Concello, Zona Franca e a Xunta a través da Consellería de Vivenda, reuniuse hoxe xoves para definir a súa organización e as súas liñas de actuación, que teñen por obxectivo a rehabilitación desta parte da cidade.
No encontro constituíuse o Comité Executivo do Consorcio, que será o encargado de levar a cabo os acordos deste organismo. A isto sómase a incorporación dunha Oficina de Rehabilitación que, como instrumento técnico, garantirá a continuidade das actuacións que se levarán a cabo no Casco Vello. Para conseguilo, o Consorcio decidiu dotarse dun maior número de técnicos.
Outro dos acordos anunciados tras o encontro é o de aprobar os orzamentos para executar as actuacións nesta parte da cidade durante os próximos tres meses. Estas actuacións son: accións de realoxo, rehabilitación de bloques que xa son propiedade do Consorcio, e o asentamento das bases para que, xa en vigor o orzamento de 2006, a partir do 1 de xaneiro, poida haber traballos en marcha.
O presidente do Consorcio, José Manuel Figueroa manifestou que " o traballo que se está a desenvolver iniciase cunha estructura organizativa seria e rigorosa, con bos profesionais , para alcanzar un resultado óptimo na rehabilitación e reforma desta zona histórica da cidade".
Por outra parte, o Consello de Administración do Consorcio ampliarase con catro representantes máis por cada unha das tres institucións que forman parte del. Será precisamente o Consello de Administración o que trate, na súa próxima reunión, da situación da futura sede do organismo.
Descargar todas as imaxes