A Concellería de Turismo promocionará Vigo de cara á Volvo en varias feiras
A Xunta de Goberno Local, reunida onte luns, autorizou a Concellería de Turismo a asistir con stand institucional a varias feiras de recoñecido prestixio, co obxectivo de promocionar a imaxe de Vigo de cara á celebración da Volvo Ocean Race.
Entre estas feiras están o Fórum de Loxística-a, que tivo lugar en Cotogrande o 21 e 22 de setembro; a VII Feira Internacional de Productos do Mar e Conxelados Conxemar 2005, que se desenvolverá do 4 ao 6 de outubro, tamén en Cotogrande; e o VII Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía ExpoGalaecia, do 28 de outubro ao 1 de novembro no IFEVI.
Ademais, a Concellería de Turismo contará con stand no II Salón das Denominacións de Orixe e Delicatessen, que reunirá do 7 ao 9 de novembro, no Recinto Feiral,
profesionais da hostelería e da restauración, minoristas, maioristas, escolas de Hostelería e representantes do turismo rural, do comercio especializado e da prensa.
Tamén estará presente o Concello en dúas feiras de sona internacional, como son a WTM (World Travel Market) de Londres, que se celebrará do 14 ao 17 de novembro, e o Salón Náutico Internacional de París, que terá lugar na capital francesa do 2 ao 12 de decembro. A estes dous eventos o Concello asistirá como co-expositor de Turespaña e Turgalicia, respectivamente.
Así mesmo, a Xunta de Goberno autorizou uns gastos en concepto de anticipo de 6.000 euros para a participación da nosa cidade na B.T.L. 2006, que terá lugar en Lisboa do 18 ao 22 de xaneiro do ano que vén, e doutros 1.000 euros para financiar a presencia de Vigo en FITUR 2006, feira que se desenvolverá en Madrid do 25 ao 29 de xaneiro. A estas dúas feiras Vigo asistirá con Turgalicia.
O custo da participación do Concello de Vigo neste conxunto de eventos promocionais é de 68.000 euros.
Policía local e bombeiros
Ademais, a Xunta de Goberno Local decidiu autorizar o gasto de 200.000 euros para contratar a subministración, instalación e posta en funcionamento dunha central de comunicación e emerxencias para a policía local e os bombeiros.
Polo mesmo acordo quedaron aprobados os pregos de cláusulas técnicas e administrativas para a contratación, por concurso aberto, deste servizo, e aprobouse o concurso para a selcción do contratista.
Aparcamento de Independencia
Por outra parte, a Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo á revisión de tarifas no aparcadoiro da praza da Independencia, pola cal se establece un incremento do 13,6%, de acordo coa variación do IPC no período comprendido entre abril de 2001 e maio de 2005. Con esta subida, a tarifa horaria alcanza os 1,14 euros.
Cemiterio de Pereiró
Finalmente, quedou aprobado o proxecto de execución das obras de construcción de columbarios-cinceiros no cemiterio municipal de Pereiró, cun gasto de 69.846 euros.
Descargar todas as imaxes