O Consello Municipal de Participación Cidadá propón a creación dunha plataforma para a mellor coordenación do voluntariado
As Xornadas Municipais de Voluntariado revelaron a necesidade de que as asociacións se constitúan nunha plataforma creada no seo do Consello Municipal de Participación Cidadá. No transcurso destas xornadas anunciouse tamén a creación dun ”Viveiro de Asociacións” que vai entrar en funcionamento no Casco Vello e a realización de centros cívicos en Teis e Coia.
Na primeira mesa de traballo, titulada ”A coordenación no ámbito do voluntariado”, participaron 15 persoas do movemento asociativo de diversos sectores que consideraron adecuada a proposta municipal de constituírense en plataforma, sempre que sexa dotada de recursos económicos e infraestructurais para desenvolver un labor de servicio a tódalas entidades. ”Estímase necesario contar cun regulamento interno e estatutos que establezan con claridade o sistema de organización e funcionamento da plataforma, sendo elaborados e consensuados polo máis amplo número de entidades”, sinalan as conclusións.
Establécese tamén que a plataforma de asociacións de voluntarios non debe ter cor política e o seu punto de partida debería ser o Consello Municipal de Participación Cidadá.
”O financiamento da acción voluntaria” reuniu 15 representantes de entidades do movemento asociativo que destacaron os datos dun informe que establece a procedencia dos presupostos nun 3% dos fondos destinados por empresas ó sector non lucrativo, nun 85% de aportacións de socios e o 12% restante de subvencións públicas.
Sinalaron a boa receptividade do sector empresarial a participar en causas sociais, no interese por cooperar e colaborar fronte ás tradicionais aportacións en metálico e a consideración prioritaria daqueles proxectos con incidencia directa no seu ámbito territorial de actuación.
Do sector financeiro sobrancearon a potenciación dos centros de recursos para o sector non lucrativo tales como a rehabilitación de edificios, a oferta de espacios telemáticos para información, formación e captación de voluntariado, ademais da boa disposición en manter as liñas de colaboración coa Administración pública en programas de acción voluntaria.
En canto á Administración local destacouse que segue dando soporte ós programas de actividades, gasto corrente, cesión de espacios para administración e xestión do sector. Anunciouse un novo ”Viveiro de Asociacións” que se porá en marcha no Casco Vello, o Centro Cívico de Teis, actualmente en construcción, e o proxecto en fase de redacción do Centro Cívico de Coia.
A terceira mesa, titulada ”As novas necesidades e novos proxectos no ámbito da acción voluntaria”, xirou arredor da pertinencia do propio marco xurídico e das medidas de garantía de dereitos e deberes, promoción do voluntariado e coordenación entre entidades que o acompañan. Considerouse tamén a necesidade de práctica de interculturalidade, xa que a acción cultural vai ligada ós movementos sociais e o desenvolvemento de proxectos de voluntariado á necesidade de financiamento para garantir a continuidade das intervencións.
As Xornadas Municipais de Voluntariado celebráronse o 4 e 5 de decembro no Centro Cultural Caixanova e estiveron organizadas pola Concellería de Participación Cidadá.