A cabalgata de reis traerá a ilusión aos rapaces vigueses
Hoxe sae polas rúas da cidade a popular cabalgata de reis, que repetirá o percorrido do ano pasado e contará con 18 carrozas.
A cabalgata de Reis de 2005 repetirá o percorrido do ano pasado, que é o recomendado pola Concellería de Tráfico e polos organizadores. Haberá un total de 18 carrozas, seis delas habilitadas polo Concello: a da estrela de Oriente, as dos tres Reis Magos, a de agasallos e a do carteiro real. Ademais, repartiranse uns 4.000 quilos de caramelos, sen contar cos que porán as diferentes asociacións que contan con carrozas propias. O final do evento será rubricado co lanzamento de fogos de artificio.
Espérase que a duración da cabalgata sexa de dúas horas, tempo que se poderá prolongar no caso de que chova. Para que todo saia ben, o Concello distribuirá un folleto no que se recollen varias medidas de seguridade, tendo en conta que a de Vigo é a cabalgata de Reis máis multitudinaria de Galicia.
Por cada unha das carrozas haberá doce nenos facendo de paxes, que saíron do concurso-sorteo "Vente cos reis magos", celebrado no Concello.
O deseño e fabricación das carrozas, que corre a cargo da empresa Conmasarte, presenta este ano varias novidades. En primeiro lugar, as carrozas de 2005 están decoradas con motivos tradicionais pero cun toque futurista, algo que se pode observar, por exemplo, nas palmeiras que decoran a carrozas de Gaspar, feitas con metacrilato.
Ademais, as carrozas do Concello sobresairán pola luz fría, branca e intensa, dos seus elementos de iluminación. Outra novidade será o reparto de barriñas de luz máxica entre os asistentes.
O orzamento da cabalgata de Reis 2005 supera os 100.000 euros, cos cales se financiarán os grupos de animación, os caramelos, o confeti e as propias carrozas, para as cales se destinou unha cantidade de 50.000 euros.