Escoitar

Concentración silenciosa na praza do Rei polas víctimas do maremoto tsunami

A iniciativa parte da UE e prevé tres minutos de silencio e bandeiras a media hasta en tódolos edificios oficiais.

mércores, 5 xan 2005
1104931406corporacion.jpg
Unha representación da Corporación Municipal do Concello de Vigo concentrouse ás doce da mañá na praza do Rei para gardar tres minutos de silencio con motivo da catástrofe acaecida o 23 de decembro pasado no sueste asiático. Esta iniciativa parte da presidencia da Unión Europea que, como mostra de solidariedade coa poboación afectada polo maremoto, convocou a tódolos Estados membros a unha concentración silenciosa de tres minutos e a ondear a media hasta as bandeiras nos edificios oficiais.
Descargar todas as imaxes