Escoitar

O Concello estudia destinar 66.000 euros a asociacións de interese social

Outra das propostas debatidas na Xunta de Goberno Local reunida o luns en sesión ordinaria, comprende a aportación dun total de 106.749 euros en materia de axudas escolares de libros e 30.615 euros ao mes para comedores.

luns, 23 ago 2004
Despois de ter aprobadas as bases de subvencións destinadas a diversas asociacións de interese social nas que se recibiron máis de 50 solicitudes, a Xunta de Goberno Local trtaou na súa sesión ordinaria, a posibilidade de conceder subvencións ás mesmas baixo un orzamento que ascende aos 66.000 euros.

As organizacións solicitantes de axudas en matreia de mantemento son "Bulímicos y anoréxicos", "Fundación meniños" e "Síndrome de Down", mentras que as fundacións Menela, Salvora, Irmandade Santa Ana e o Centro de Información de Trballadores Extranxeiros (CITE) demandan as subvencións en concepto de diversas actividades, que van dende a celebración dun campamento urbán, vacacións cos tutelados ou festas dos vellos, respectivamente.

Asimesmo, propúxose á Xunta a aprobación das Axudas Municipais Escolares de Libros aos solicitantes con fillos en educación infantil (3, 4 e 5 anos), educación primaria (1º a 5º) e secundaria (1º a 4ª ESO) matriculados en centros públicos ou con concerto xeral da cidade.

Examinadas as axudas municipais para o vindeiro curso, resultou que o número de solicitantes (pais, nais e titores) foi de 1.406, sendo o total de nenos e nenas para os que solicitaron de 2.030. Así, o Concello acordou conceder subvencións a un total de 1.102 rapaces cun importe de 94.822 euros. Os restantes 11.927 euros quedarán para imprevistos do programa.

Coa presente proposta, aos alumnos de educación infantil abonaríaseslle un total de 61 euros, aos de educación primaria 85, sendo de 109 euros para os de ESO. Pola súa parte, oss libros de 6º curso e de 2º de ESO serán de balde.

O presuposto co que se conta para as axudas de libros é de 106.749 euros. Na primeira adxudicación concederanse axudas aos solicitantes que foron baremados segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local no pasado mes de abril, e teñen 13 ou máis puntos.

Por outra banda, as Axudas Municipais de comedor aboaránse directamente ao colexio a mes vencido, previa sinatura no listado mensual correspondente no que figure o pai, nai ou titor do neno que utilice este servicio. O pagamento máximo da axuda será de 39 euros ao mes por neno dende o mes de outubro ata maio de 2005. Compre dicir que nesta convocatoria solicitaron axudas de comedor 1.364 nenos, sendo concedidas 853 por un importe de 30.615 euros. ao mes.