Preto de 25.000 metros cadrados con aforo para máis de 2.300 persoas, e 65.000 metros para exposicións, aparcadoiro, hotel e restaurante, centran o conxunto do novo Auditorio-Pazo de Congre
Corina Porro destacou que "o auditorio é unha equipación fundamental para as aspiracións de Vigo no liderazgo da eurorrexión e o seu desenvolvemento cultural e turístico".
Preto de 25.000 metros cadrados con aforo para máis de 2.300 persoas, e 65.000 metros cadrados para exposicións, aparcadoiro, hotel e restaurante, centran o conxunto do novo auditorio de Vigo, según o convenio asinado hoxe, en Vigo, pola alcaldesa da cidade, Corina Porro; o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo e; o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Julio Pedrosa.
A alcaldesa, Corina Porro, dixo que a sinatura do convenio supón "facer realidade para a cidade de Vigo este proxecto, despois de seis anos" e engadiu que o Concello "vai axilizar todos os trámites administrativos para derrubar Casa Mar e construir o auditorio". A rexidora sinalou que o auditorio "é unha equipación fundamental para as aspiracións de Vigo no liderazgo da eurorrexión e o desenvolvemento cultural e turístico da cidade".
Pola súa banda, o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo destacou que "esta actuación de 90.000 metros cadrados e 96 millóns de euros é a obra de construcción civil máis importante que está a levarse a cabo en toda Galicia "
"Ademáis –engadiu- suporá a revitalización e reurbanización do seu contorno coa zona complementaria, contribuindo a xerar un importante desenvolvemento comercial e terciario que posibilite a participación da iniciativa privada no seu finanzamento e desenvolvemento dunha importante actividade económica na cidade".
O emprazamento, nas parcelas 57 e 59 (edificio da Casa Mar), vai contribuir a rexenerar ó ámbito da Avenida de Beiramas, potenciando o desenvolvemento dunha zona en proceso de transformación.
Auditorio
O programa constructivo confórmase por un Auditorio principal cun aforo de 1.450 persoas, outro auditorio con 400 asentos, e un conxunto de salas polivalentes –o seu número variará entre 15 e 20, cunha capacidade total de ata 450 persoas-. O aforo total acada deste xeitoo as 2.300 prazas.
Así mesmo, prevese unha zona de exposición, complementaria á actividade congresual, cunha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados e unha zona de restaruración con capacidade para 700 prazas nunha área de 1.100 metros cadrados. Todos estos usos organízanse entorno a un grande vestíbulo central que se concibe como un espazo público aberto sobre a ría e a cidade.
A superficie construída destinada ao Auditorio-Pazo de Congresos acadará os 25.000 metros cadrados. O Auditorio permite, así mesmo, a celebración de actuacións musicais e culturais adecuadas ás necesidades e demandas existentes.
Zona complementaria
Os usos complementariso para esta zona, ainda que deberán ser definidos en detalle polo futuro concesionario entre os previstos no planeamento vixente, poderían albergar de forma indicativa:
1-. Un hotel de 7.000 metros cadrados de superficie con 120 habitacións
2-. Unha área destinada a comercio e ocio, cunha superficie construída de 27.350 metros cadrados compatible o uso de oficinas y centro de negocios
3-. Un aparcadoiro subterráneo que contará cunha superficie construída de 30.388 metros cadrados e unha capacidade máxima aproximada para 704 prazas
Deste xeito, as superficies totais construídas achéganse os 59.350 metros cadrados para o auditorio e para os usos previstos na zona complementaria, ademáis dos previstos para o aparcadoiro subterraneo.
A xeometría das parcelas permitirá disfrutar ós usuarios de vistas sobre a Ría de Vigo por enriba da actividade portuaria que se desenvolve na inmediación e o orzamento total das intervención descritas acada unha cifra aproximada de 96 millóns de euros.
Finanzamento
A administración pública e o sector privado deben concorrer ó finanzamento do obxecto antes sinalado. A administración pública aportará os terreos nos que se vaían desenvolver as obras e contribuirán o deseño e construcción do auditorio.
O sector privado aportará un canon pola explotación do auditorio, asumirá de forma exclusiva o finanzamento e a construcción da zona complementaria, e tamén asumirá a explotación do auditorio como da zona complementaria.
Ademáis, a Xunta e o Concello de Vigo obríganse a colaborar para obter fondos doutras administracións públicas, españolas ou da Unión Europea, ou de organismos internacionais ou persoas privadas, que poidan contribuir o finanzamento das actuacións previstas. De se-lo caso, tales fondos aplicaranse a reduci-las achegas de xeito proporcional ás que figuran no presente Convenio.
Compromisos da Xunta
A Xunta comprométese a realizar as actuacións oportunas pra a redacción do proxecto de demolición das edificacións actuais, do anteproxecto de construcción e explotación, do Estudio de viabilidade da construcción e explotación e colaborará co concello de Vigo na elaboración do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso que se convoque para a execución das actuacións previstas.
O prego conterá, entre outras, a obriga do concesionario de executa-las obras descritas nos documentos técnicos que definen as actuacións obxecto do presente convenio incluídas as actuacións conssitentes na contratación, dirección facultativa e técnica, xestión e recepcion das mesmas, sen perxuicio da dirección técnica total do proxecto que lle correponderá o arquitecto que designe o concello de Vigo.
Contribuirá ó finanzamento da execución das obras de construcción do auditorio, cunha achega de 18.570.000 euros.
Compromisos do Concello
O concello modificará, se fose o caso, o planeamento urbanístico para permitir as edificacións e instalacións obxecto do presente convenio, tanto as referentes o auditorio como a zona complementaria. Ademáis, dende a súa condición de administración concedente o Concello de Vigo someterá a información pública o anteproyecto de construcción e explotación da obra que redacte a Consellería outorgando, no seu caso, a posterior e preceptiva aprobación.
Contribuir ó finanzamento das actuacións cunha aportación económica de 12.000.000 euros. Este diñeiro destinarase ó finanzamento da tramitación do concruso público e co-financiar a construcción do Auditorio.
Contribución da Autoridade Portuaria
Unha vez declarada a súa desafección e autorizada a cesión, o concello e a autoridade portuaria acordarán a extinción da concesión vixente existente a favor do concello e outorgarán os documentos precisos para conquerir a transmisión plena da titularidade das parcelas afectadas ó concello e a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
Así mesmo, adoptará as medidas en relación cos usos e actividades na zona de servizo portuaria que resulten necesarias como consecuencia do cambio de uso das parcelas cedidas, en particular medidas mediambientais.
Descargar todas as imaxes