Escoitar

Unha viaxe pola obra de Gloria Fuertes a cargo da compañía de teatro de Malta

O espectáculo, incluído na programación da XI Semana de teatro para nen@s, terá lugar o xoves ás 20.00 horas na praza da Estrela. "De viaje por Gloria Fuertes" presentará aos nen@s de 6 a 12 anos e público familiar a obra, ideas e palabras da poetisa madrileña. A entrada será gratuíta.

xoves, 5 ago 2004
1091690944malta2.jpg
A compañía de teatro de Malta ten realizado numerosos espectáculos para nenos e nenas dende o ano 1996, que representou "Excalibur y el Dragón". Un ano máis tarde a obra escollida sería "El cuento del gigante", e xa no ano 1998 levou polos escenarios españois o traballo "El sable y la paloma". O anterior traballo, do ano 2001 foi "Los Poderes de Lila". Son todas obras dirixidas aos máis cativos, e cunha profunda carga de sentimentos e mensaxes.

"De viaje por Gloria Fuertes" é un espectáculo realizado a partir de contos e poemas da gran escritora madrileña. É unha viaxe pola obra, as ideas e as palabras da poetisa.
Descargar todas as imaxes