O pavillón de O Berbés acollerá do 6 ao 8 de agosto as II Xornadas de rol, cartas e estratexia "As portas do Hades"
As xornadas forman parte da programación de verán da concellería de Xuventude "Verán Xove" e están enmarcadas no Plan Nexus, proxecto ideado co fin de dinamizar a participación xuvenil na nosa cidade.
Baixo o título "As portas do Hades" a concellería de Xuventude, dirixida por Lucía Molares, pon en marcha as Xornadas de rol, cartas e estratexias que xa celebran a súa segunda edición.
As xornadas, promovidas pola Asociación Xuvenil Cancerbero e dirixidas aos máis de 1.500 seguidores destes xogos na cidade e comarca, terán lugar do 6 ao 8 de agosto no pavillón de O Berbés.
Segundo a concelleira de Xuventude, Lucía Molares, "o obxectivo desta iniciativa é o de potenciar os xogos de rol, cartas e estratexia como unha actividade de ocio que promove hábitos como a memorización, a abstracción, o traballo en equipo, a relación interpersoal ou o gusto pola lectura" entre outros. Ademáis, as xornadas servirán para desenvolver torneos de tipo oficial co fin de establecer un punto de referencia e encontro de cara aos afecionados a este xogos.
Dentro das xornadas terán lugar torneos de temática variada coma os de "Warhammer 40.000", "Warhammer Fantasy", "Magic: the gathering", "Pintura de miniaturas" ou "Descubridores de Catan". Entre as demostracións que se levarán a cabo destacan as de os xogos de rol, mesa, estratexia e cartas, así coma o "50x15" freak, unha especie de concurso televisivo de preguntas e respostas enfocadas na temática das xornadas.
Para máis información os interesados poderán consur a web http://www.cancerbero.net ou achegarse ata os locai de mazinger Vigo e Norma Comics, sitos nas rúas de Torrecedeira 9 e Ronda de Don Bosco 22, respectivamente.
Descargar todas as imaxes