Escoitar

Tetro Mutis presenta "La primera escuela de colinas verdes" na praza da Estrela

A compañía segoviana dará a coñecer o seu espectáculo para nenos e nenas de 6 a 11 anos e público familiar, o martes ás 20.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.

martes, 3 ago 2004
1091532761teatromutis.jpg
Teatro Mutis leva uns quince anos no mundo do teatro, con outros tantos espectáculos para adultos e para tódolos públicos, pero nos últimos sete anos, e fundamentalmente as súas montaxes para nenos, ten percorrido prazas, teatros, feiras e festivais de toda España, con máis dun milleiro de representacións. Trabilla sempre a partir dos seus propios textos e versións, cun equipo de base estable.

"La primera escuela de colinas verdes" conta a historia de tres alegres velliñas que tratan de impedir que os veciños de Colinas Verdes, o seu pequeno pobo, den permiso ao leñador para cortar os dous álamos do cerro. Para elo van contar a historia das árbores, que vai unida a un malvado cazador e ao secostro dunha nena do pobo.
Descargar todas as imaxes