Escoitar

Concertos de domingo das bandas de música

Os domingos comprendidos do 25 de abril ó 20 de xuño a avenida de Montero Ríos será o escenario dos concertos que ofrecerán as bandas popular de música de Vigo e que organiza a concellería de Festas coa participación da Federación de Bandas de Música e o patrocinio de Frutas Nieves.

martes, 20 abr 2004
1082458638bandas.jpg
Presentación dos concertos
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, manifestou que con estes concertos pretendese dinamizar o centro da cidade converténdoo nun punto de encontro ós domingos pola mañá, así como recuperar unha tradición e demanda das bandas de música.

As actuacións comezarán as 12:30 horas e serán un total de nove.

Programa
25 de abril: Banda Escola de Beade
2 de maio: Unión Musical de Coruxo
9 de maio: Unión Musical de Cabral
16 de maio: As Delicias de Caeiro
23 de maio: Unión Musical de Valadares
30 de maio: Ateneo Musical de Bembrive
6 de xuño: Banda Escola da UVCD de Candeán
13 de xuño : Lira San Miguel de Oia
20 de xuño: Agrupación Musical "Atlántica" de Matamá
Descargar todas as imaxes