Escoitar

Gran gala da campaña Siareiros

A alcaldesa Corina Porro preside a "Gran Gala II Campaña Siareiros" da Fundación Vigo en Deporte na que se entregará as subvencións a 120 clubes de base.

mércores, 18 feb 2004
O acto terá lugar as oito da tarde do mércores, día 18, no Pavillón Central de As Travesas. O reparto de axudas ascende a 67.000 euros dos cales 5.000 € pertencen á campaña de captación de comercios ( cerca de 200 establecementos colaboradores con Siareiros). No transcurso da festa entregarase o coche Peugeot 206 cedido por Mosa o seu gañador, e unha viaxe á república Dominicana á empresa gañadora, cedida por Viajes Eroski.

Neste momento a Fundación conta con 23.327 Siareiros que coa súa tarxeta disfrutan de numerosos regalos e descontos nos comercios colaboradores.