Abre ó público a exposición de carteis de Entroido
Tódolos cidadáns poderán ver dende o 17 de febreiro ata o 12 de marzo as obras que se presentaron este ano ó XVIII Concurso de Carteis do Entroido, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, a Federación de Vecinos "Eduardo Chao", a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".
Este ano é especialmente salientable a calidade das obras presentadas, un total de 44, nas que se empregaron diversas técnicas.
Entre os carteis expostos está o que a Concellería empregou para a difusión do programa "Entroido 2004º . O autor deste cartel é Carlos Vela Cuello, que acadou o primeiro premio do concurso.
A exposición poderá visitarse no Museo "Quiñones de León" , no seguinte horario : luns, martes, xoves e venres de 10 a 13,30 e de 17 a 20 horas. Mercores: de 10 a 20 horas. Sábado: de 10 a 13,30 horas . Domingo e festivos: pechado.
Na sección de Información Gráfica deste Xornal está colgada a relación dos carteis gañadores dende o ano 1996 ata o 2004.
Descargar todas as imaxes