Escoitar

Cultura estudia rebaixar o prezo da entrada ao Verbum

Analizar a situación dos museos de Vigo foi o obxectivo da xuntanza que mantivo hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, cos responsables técnicos dos museos municipais e das oficinas de Cultura e Patrimonio Histórico do Concello. Na reunión tratouse a necesidade de rebaixar o prezo das entradas do Verbum o que implicaría a modificación da ordenanza o que regula.

martes, 27 xan 2004
1075217560verbum.jpg
Verbum
No encontro tratouse tamén aspectos para revitalizar e potenciar a zona de arqueoloxía do Museo de Castrelos e coordinar tódalas actividades de carácter cultural para a súa difusión a través dunha axenda de actividades.

Na reunión, presidida polo Concelleiro de Cultura, estiveron presentes Rafael Ojea, xefe da oficina municipal da Concellería de Patrimonio Histórico; Ignacio Oliveira, xefe da oficina municipal da Concellería de Cultura; Carlota Álvarez Basso, directora do MARCO e José Ballesta de Diego, director do Museo de Castrelos.
Descargar todas as imaxes