Vigo alcanzou esta fin de semana unha ocupación hostaleira do 83,93 por cento
Os hoteis de Vigo rexistraron esta fin de semana unha ocupación do 83,93 por cento. “Seguimos batendo récords de ocupación hostaleira e sendo unha gran potencia turística”, afirmou hoxe o alcalde ao destacar que estes datos súmanse aos rexistrados na primeira semana de setembro co 80 por cento de ocupación e ao 90 por cento da media de agosto.

O último dato de ocupación rexistrada nos hoteis de Vigo, co 83,93 e 90 por cento nas dúas primeiras fins de semana de setembro, son superiores ás cifras rexistradas no pasado recente da cidade e nos momentos máis importantes do turismo nacional, recalcou este luns Abel Caballero.
“Vigo xa é un destino turístico e basta con estar pola rúa e ver a cantidade de persoas que nos visitan”, destacou o rexedor ao insistir en que a cidade “é unha gran potencia turística . Iso é agora Vigo. Emprego, riqueza e benestar para as persoas, tamén grazas ao turismo”.