Escoitar

Reabre o miradoiro do Paseo de Alfonso XII

O rexedor explicou a obra executada e sinalou que “é unha medida provisional ata que se humanice todo o Paseo”.

venres, 12 set 2025

“Hoxe reabrimos o miradoiro do Paseo de Alfonso XII”, comezou Caballero, contando que se retirarán os valos que protexían o acceso a estrutura. Aproveitou para explicar que hai un tempo “detectamos defectos estruturais polo que pechamos o acceso por seguridade”. Para executar os traballos correspondentes a esta “obra sinxela”, o Concello de Vigo “tivo que esperar máis dun ano para acometer esta actuación debido ao atraso da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia”.

Para proceder a súa reapertura, realizouse a instalación de “13 puntais que sustentan a estrutura desde a rúa Poboadores”, co que se logra aumentar a capacidade de carga do voladizo. A actuación tivo unha inversión de 42.000 euros. O alcalde sinalou que “é unha medida provisional ata que se humanice todo o Paseo”, xa que despois “contará con outros sistemas de seguridade”.

Descargar todas as imaxes