Escoitar

A Sala Peirao acolle a derradeira exposición da serie MALAS ARTES’03: BIZARRAS

O concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias, presentou a sexta é ultima exposición da serie Malas Artes que desde hoxe día 21 ata o 11 de xaneiro permanecerá aberta na sá Peiraos (Praza da Constitución). Arias, que estivo acompañado polo comisario da serie, Buxán Bran, destacou durante a súa intervención que esta iniciativa permitiu descubrir importantes xóvenes valores ao tempo que convertiu a propia sa Peirao nun referente da programación cultural da cidade.

venres, 21 nov 2003
O comisario da exposición explicou que nesta ocasión é o mundo do xénero e da identidade sexual o que nos convoca da mán de seis artistas. As sexualidades e os seus ricos e múltiples mundos de significacións son un tema recurrente nas sociedades occidentais contemporáneas, por iso queriamos coñecer a visión que das sexulidades teñen os/as artistas máis mozos/as.

Sexualidades entendidas dende unha óptica plástica, porque a arte non vive de costas aos debates da actualidade, e porque a arte máis actual é filla das continxencias e as cuestións do vivir contemporáneo.

MALAS ARTES ’ 03: BIZARR@S é a derradeira exposición do Ciclo MALAS ARTES ‘ 03 que veuse celebrando na Sala dos Peiraos de Vigo ao longo deste ano 2003.

En total foron 48 os artistas que participaron en esta serie de exposicións temáticas, argalladas en torno a diferentes temas de actualidade. Eles e elas teñen presentado os seus traballos inéditos, realizados dende a plástica máis contemporánea dos novos valores que están a xermolar no panorama artístico galego.

Cómpre lembrar que BIZARR@S, é a sexta exposición dun proxecto conxunto que baixo o epígrafe de MALAS ARTES estase a desenvolver na Sá dos Peiraos co apoio da Concellería da Cultura.

Ao longo destas pasadas cinco exposicións teñen pasado pola Sala dos Peiraos 48 criadores/as que teñen amosado á cidadanía viguesa todo tipo de propostas plásticas, realizadas no máis variados soportes e guiados sempre por unha implicación da arte co mundo de derredor: o deseño industrial (Prototipos), as palabras (Verbalidades), a moda textil (Prêt-à-Porter), ou as máquinas (Maquinacións), ou a arquitectura (Arquitrabes) foron os temas tratados ata o de agora.

Os artistas presentes na exposición son:

FRAN MIGUÉNS FERRO: Realiza unha serie de polípticos , con pintura negra sobre lenzo onde agroman as máscaras, as diferentes “peles” coas ques e cubre o ser humano, para camuflarse, ou vestirse, ou significarse no mundo. Os seus personaxes pintados están representados no acto de arrincarse ou desprenderse desas peles identitarias.

CAMINO VIDALES pinta cadros onde os seus personaxes mergúllanse nunha atmósfera de glamour e ambiguidade manifesta, son figuras de tons apastelados que se ofrecen ao espectador/a diante de fondos de cores vivas e brilantes, con fondos de rechamante purpurina asistimos a representación dunas novas e decadentes “odaliscas”.

ALEX MENE se autorretrata fotografándose a carón dun amigo, eles dous están no interior dunha vella casa, e os dous mozos están espidos. Alex Mene títula este díptico fotográfico como “Conversa” e na contraluz desa conversa albiscamos unha forte intimidade e un fondo erotismo entre homes.

REBECA LÓPEZ CIERTO pinta cadros de gran formato con figuras andróginas que se amosan en estados de xénero intermedio, en lenes e febles fronteiras identitarias. Os seus cadros poderían ser a s representación de seres a cabalo entre o s sexos nun mundo de cyborgs e clóns.

FÉLIX FERNÁNDEZ presenta un vídeo e unha fotografía na que él mesmo faise protagonista da súa propia historia, unha historia de forte carga sexual, de inquedanza erótica, de intimidade e autoerotismo realizado co obxectivo da cámara.

CARLOS LATORRE presenta unha serie de fotografías del mesmo, a modo de ampliacións de imaxes de fotomatón. Retratos nos que o seu rostro xoga a implicarse en identidades diversas e fluctuantes, por medio da maquillaxe e os seus efectos asistimos a toda unha galería de “monstruos” identitarios que son moitas persoas, moitos mundos.