Escoitar
Anuncio

Aprobación inicial de modificación puntual do PXOU-93 no ámbito do sanatorio de Fátima(expte. 7617/411)

O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 27 de outubro de 2003 adoptou o seguinte acordo:<br /> <br />

venres, 21 nov 2003
"Primeiro.- Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do PXOU-93 de Vigo (expte. nº 7617/411), relativo á ordenación detallada dos terreos do Sanatorio de Fátima, segundo a documentación presentada pola arquitecta dona María Asunción Leboreiro Amaro, con data de visado do COAG do 20 de outubro de 2003, en execución do acordo do Consello de Xerencia do 24 de outubro de 2002, redactada á vista do informe emitido polo Conselleiro da CPTOPV da Xunta de Galicia de data 10 de xullo de 2003.

Segundo.- Sométase o expediente ó trámite de información pública durante un mes, de acordo co disposto no artigo 85.2 da LOUGA, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia, debendo publicarse este último anuncio, en cada xornal, en dous días consecutivos."

O prazo de información pública entenderase aberto dende a primeira publicación, ata o mes contado dende o día seguinte da derradeira publicación.

O expediente está ó dispor do público no departamento de Información urbanística (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do art. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódalas persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultaren descoñecidas ou por e ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificadas.