Escoitar

Aberto o prazo de solicitude das becas de comedor, libros e material escolar do 5 de marzo ao 2 de abril

Desde o próximo mércores 5 de marzo e ata o 2 de abril permanecerá aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor, libros e material escolar que concede o Concello para o curso 2025-2026, segundo anunciou este luns o alcalde tras ser publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. “Confiamos ter as bolsas asignadas e en coñecemento das familias antes de que empece o novo curso escolar”, recalcou.

luns, 3 mar 2025

Abel Caballero sinalou hoxe que a contía das bolsas de comedor para o próximo curso escolar é de 1.293.000 euros, “ampliable en todo o que sexa preciso porque non hai límite” para esta partida orzamentaria. “Todas as familias, as nenas e nenos que teñan dereito á beca van tela porque nós non facemos listas de espera”, asegurou o rexedor.

O alcalde lembrou que, no presente curso escolar, o Concello orzou 1.293.000 euros e finalmente destinou 1.865.000 euros para as becas de comedor. Remarcou tamén que o Concello adica 640.000 euros a FOANPAS, co que a partida das becas ascende a 2.362.000 euros. “Demos máis de 4.000 axudas de comedor e 1.500 axudas de libros e material escolar”, indicou.

“Todas as bolsas que se soliciten e que teñan dereito a ser asignadas van ser asignadas”, insistiu o rexedor .

Descargar todas as imaxes