Escoitar

O alcalde manifesta a súa intención de non dimitir

O pleno da corporación municipal de Vigo aprobou unha resolución presentada polo BNG na que solicitaba a renuncia do alcalde. A proposta obtivo o respaldo de 17 votos – BNG, 7 e PP,10- en contra votaron o PSOE e DPG ( 8 e 2 votos). Pola súa banda o alcalde manifestou que a súa renuncia e a do seu grupo producirase si se presenta unha moción de censura que é o mecanismo que teñen os grupos políticos para poder expulsar do poder a un grupo.

venres, 7 nov 2003
1068229650otro.jpg
Pleno
A sesión transcurriu nun clima de gran tensión por parte do público asistente con partidarios e detractores do alcalde. Éste non puído intervir ó final do pleno debido ó alboroto que se apoderou da sala , motivo polo que Pérez Mariño tivo que levantar a sesión no momento da explicación do voto.

O alcalde compareceu ante os xornalistas para explicar a postura do PSOE ante a imposibilidade de rematar o debate plenario e indicou que nin o grupo municipal socialista nin él mesmo dimiten, subliñando que "continuaremos traballando mentres teñamos a percepción de que somos útiles para a gobernabilidade da nosa cidade. Por tanto , matizou o alcalde, por libre vontade nosa só cando se de ese suposto nos iremos do concello, e por vontade allea e externa nos iremos cando democraticamente se presente , si se presenta no seu caso, unha moción de censura que é o mecanismo que teñen os grupos políticos para poder expulsar do poder a un grupo. Se así fora o aceptaremos democraticamente sen ningún tipo de obxección."

A resolución aprobada no pleno cos votos a favor do BNG ( 7 concelleiros) e o PP ( 10 concelleiros) di : 1.- Reprobamos a actitude do grupo municipal socialista e do Alcalde, de constituíren un goberno en minoría, ilexítimo que non garante a gobernabilidade e que non obedece aos resultados habidos nas últimas elección municipais.2.-Requirimos do grupo municipal socialista a modificación da súa conducta arbitraria e irresponsable, e comece a pensar en termos de cidade e non de partido exclusivamente.3.-Reprobamos a súa actitude, como máximo responsable da situación xerada, e comprendendo que hoxe é vostede un auténtico obstáculo para a normalización da situación, e a recuperación do necesario clima de debate e dialogo na Corporación e na cidade á que servimos, requirimos de vostede a súa inmediata renuncia ao cargo que agora ocupa.
1068229650otro.jpg
1068229673bp.jpg
1068229734gente.jpg
1068229770pp.jpg
Descargar todas as imaxes