Escoitar

O Concello licita mañá a "gran transformación e humanización" da Avenida de Madrid

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a licitación da Avenida de Madrid, cun presuposto de máis de 16,8 millóns de euros, segundo avanzou hoxe Abel Caballero. “Teremos unha Avenida de Madrid completamente diferente, con adornos, esculturas e medianeiras verdes”, explicou o rexedor.

xoves, 8 ago 2024

Abel Caballero destacou este venres que dos 16,8 millóns de euros en que están orzadas as obras de remodelación da Avenida de Madrid, o 70%, un total de 11,7 millóns serán achegados polo Goberno de España, sendo o resto, 5,1 millóns, aportados polo ente municipal.

O rexedor apuntou que as previsións son iniciar as obras inmediatamente despois de Nadal,  “non imos empezar a obra en Nadal porque o nivel de afluencia do tráfico é intensísimo”, recalcou. Ademáis lembrou que o proceso de licitación require tempo polo volume da obra  e unha vez finalizadas as obras, o Goberno estatal cederá o vial ao patrimonio municipal.

Melloras

O alcalde incidiu na transcendencia da humanización dos 2,4 km da Avenida de Madrid. “Imos deixala como unha gran avenida. Toda humanizada, e integrada na cidade, con zonas verdes, con espazos con permeabilidade peonil”, afirmou. O proxecto replicará o alto nivel de calidade que aplica o Concello a todas as humanizacións que realiza na cidade, segundo apuntou o rexedor.

Descargar todas as imaxes