O goberno local destina preto de 300.000€ á mellora do saneamento na contorna de Balaídos
O alcalde avanzou que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá, co obxectivo de mellorar as conducións da rede de saneamento no entorno do estadio vigués.
Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para a mellora do saneamento no entorno de Balaídos. Como sinalou o rexedor, “o obxectivo é reconducir a auga da choiva para evitar a súa acumulación”, e así “mellorar as condicións de inundabilidade da zona”.
Deste modo, actuarase nas conducións da rede de saneamento no entorno da glorieta na que conflúen importantes infraestruturas de saneamento como colectores de marxe na Avenida Balaídos, Manuel de Castro e na Avenida do Fragoso, así como o tanque de tormentas de Balaídos e o río Lagares. Estes traballos contan cun orzamento de 295.610€.
O alcalde lembrou que este traballo “acompasarase con toda a humanización que estamos executando diante das gradas de Marcador e Tribuna”, sumado a que xa se está executando a humanización da rúa Pablo Iglesias.