O MARCO expón a mostra "On the table" con pezas cerámicas únicas de seis artistas
A Galería A3 do Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle, desde hoxe ata o 15 de setembro, a exposición “On the Table”. Comisariada por Isidro Blasco, a mostra exhibe obras de Din Matamoro, Luis Salaberria, Teresa Moro, Montserrat Gomez Osuna, Virginia Frieyro e Sandra Rein. Caballero afirmou hoxe na inauguración que se trata dunha exposición do máis alto nivel pola singularidade de cada unha das pezas expostas.
Abel Caballero asegurou este venres, no acto da inauguración da mostra despregada no MARCO ata o 15 de setembro, que "se trata dunha exposición do máis alto nivel", xa que "cada peza é única e singular. Non corresponde a un molde e cada artista cóntanos a súa historia".
O deseño das formas das cerámicas de Isidro Blasco e o torneado do oleiro Juan Carlos Fernández proporcionaron aos artistas convidados o "lenzo” en branco sobre o que plasman as súas creacións artísticas. Cada un creou coleccións de cerámicas con pezas únicas e irrepetibles. O material destas obras é barro vimbio cocido a 1000 grados, con terminacións de esmaltados transparentes e opacos.
Din Matamoro
Matamoro desliza o pincel cun só trazo sobre o soporte de cerámica, de pel pálida, lisa e fría, como un papel onde baila a man. Unha liña espida de cor negra percorre o baleiro, deixando atrás ás veces unha cor luminosa. Traza unha curva e xorde unha representación.
Teresa Moro
Explora e leva a cabo unha revisión dos autores da modernidade en busca de detalles, diferenzas e zonas cunha vibración especial. Achegando o seu granito de area contra a estandarización imparable que a sociedade de consumo está a impoñer nos nosos hábitats.
Virginia Frieyro
Experimenta abstracción, cor e repetición, de maneira que se van tecendo na superficie. A cor utilizada como unha trama son os temas que explora esta artista nas cerámicas. Interésalle descubrir a emoción na arte, considera que cando a obra é sincera, podemos conectar co más íntimo do artista, e parécelle que é nese instante cando a arte acontece.
Montserrat Gómez Osuna
Crea paisaxes con elementos vexetais indefinidos, ornamentos orgánicos que se van intercalando con motivos figurativos. Aparecen obxectos de uso doméstico como pratos, apilamiento de cacharros enteiros formando debuxos que nos lembran aos bodegóns tradicionais.
Luis Salaberria
O seu traballo inspírase na tradición popular, partindo de formulacións abertas, xogando con analogías, utilizando “imaxes primigenias” ou arquetipos, no mesmo proceso vai sacando partido do erro e do inesperado. O resultado nas súas obras son imaxes e personaxes fantásticos que nos poden remontar ás narrativas infantís.
Sandra Rein
A súa obra inspírase sobre todo na estética dos movementos de arte decorativa como “Arts and Crafts” que percorren Europa a finais do XIX e asíntanse no século XX. Partindo de variacións xeométricas os seus elegantes deseños producen unhas cerámicas con gran harmonía de cores e formas.