O VIII Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo atrae a máis de 240 pianistas de 46 países
Máis de 240 pianistas, procedentes de 46 nacionalidades, inscritos na oitava edición do Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo, consolidan o camiño iniciado para que a cidade conte cun dos certames de maior prestixio do mundo. O apoio do Concello ao concurso, que se celebrará do 22 ao 27 de xullo nos auditorios do conservatorio Martín Códax e do teatro Afundación, permitirá contará cos maiores premios económicos da historia, e un xurado de prestixio mundial.
O compromiso expresado polo alcalde á Asociación de Música Clásica de Galicia de aumentar o apoio á proxección internacional do Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo, substánciase na nova edición, xa que o incremento da dotación económica non só permitirá entregar os premios máis importantes da historia do certame, senón contar no xurado cualificador con pianistas de “lenda” que non se prodigan como cualificadores.
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, trasladou este martes a satisfacción do rexedor por consolidar a Vigo como un referente da música clásica como queda patente na inscrición de máis de 240 pianistas para participar no concurso que se comezará o 22 de xullo coa instalación dun piano na rúa do Príncipe para que todo o mundo poida tocalo, e prolongarase durante do 26 ao 27 de xullo coa competición dos intérpretes.
O responsable de Cultura incidiu no apoio do Concello á Asociación de Música Clásica de Galicia, á vez que trasladou a invitación a toda a cidadanía para que participen en todos os actos organizados.
Pablo Galdo, director artístico do concurso, afirmou que entre os obxectivos da súa asociación figura converter ao certame de Vigo nun dos mellores do mundo, ademais de seguir crecendo nas próximas edicións e aplicar novas ideas para seguir ascendendo no prestixio internacional. Agradeceu ao Concello a concesión da axuda “que necesitabamos” para atraer o interese de mais de 240 pianistas de 46 países, e dun profesionais de prestixio que raramente participan como xurados.
Premios
Entre os principais galardons atópanse:
• Premio "Nicholas Angelich": 7.000 euros, diploma, concertos en España e un ano de representación pola axencia Parte Music.
• Premio "Dous Acordes": 3.000 euros e diploma.
• Premio "Juan Montes": 1.500 euros e diploma.
• Premios especiais: Inclúen o Premio Nelson Freire ao mellor intérprete dunha obra de Chopin, o Premio "Rosa Sabater" ao mellor pianista español, e outros, con diversas dotacións económicas e diplomas.