“Las orejas de mariposa” e “La cajita de los sueños”, novas actuacións infantís en Castrelos
O alcalde avanzou este venres as “derradeiras actuacións infantís” que acollerá o Auditorio de Castrelos este verán.
Abel Caballero desvelou esta mañá dúas novas actuacións infantís do Vigo en Festas 2024, coa que se completa o cartel.
O mércores 31 de xullo, Castrelos acollerá “Las orejas de mariposa”, un espectáculo musical familiar baseado no libro de Luisa Aguilar. Trata temas tan importantes para os nenos como a liberdade, a diversidade, a aceptación e o respecto ao diferente, que se compón de 3 actores e un pianista. Mara é unha nena que ten as orellas grandes e é motivo de burla por parte dos seus compañeiros, tras unha conversa coa súa nai, cambia a súa maneira de enfrontarse ás burlas.
“La cajita de los sueños” chegará á cidade o luns 5 de agosto. Trátase dun espectáculo envolvente que fusiona o mundo real co fantástico, cun elenco de 10 artistas. A historia fala dunha moza que, grazas a unha misteriosa caixa musical, chega a un mundo, onde se atopa cuns xoguetes que máxicamente cobran vida.
Para ambas as actuacións a apertura de portas será ás 19:00 e ás 20:00 horas comezará o espectáculo.
Con estas confirmacións, o cartel de concertos no Auditorio de Castrelos queda como segue:
- Dani Fernández (13 de xullo)
- Coral Casablanca (20 de xullo)
- Luis Fonsi (23 de xullo)
- Sen Senra (25 de xullo)
- Luz Casal (2 de agosto)
- Aitana (3 de agosto)
- UB40 (7 de agosto)
- Ópera Rigoletto (9 agosto)
- Víctor Manuel (14 de agosto)
- Vetusta Morla + Xoel López (16 de agosto)
- Melendi (17 de agosto)
Actuacións infantís:
- Una casita con encanto (17 de xullo)
- Las orejas de mariposa (31 de xullo)
- La cajita de los sueños (5 de agosto)
- Cantajuegos (12 de agosto)