Escoitar

O sábado comeza o dispositivo de atención ás praias cun operativo de 150 persoas

O próximo sábado 15 de xuño o Concello pon en marcha nas praias de Vigo o servizo de salvamento e limpeza. Contará cun operativo de 150 persoas. “Arrincamos xa con todos os efectivos e todo disposto para atender á xente de Vigo e aos visitantes”, explicou o alcalde.

mércores, 12 xuñ 2024

Abel Caballero detallou este mércores que o operativo de salvamento e socorrismo que despregará o Concello este verán nos areais da cidade contará con 73 socorristas sanitarios e técnicos de comunicacións, aos que hai que engadir outros 9 nas piscinas.

Aos 83 socorristas nas prais e piscinas súmanse outros 30 efectivos da unidade de costa e praia da policía, que patrullarán por todos os areais, así como outras 25 centradas na limpeza e 15 encargándose das papeleiras. “Mobilizamos a 150 persoas para manter as praias de Vigo con limpeza, seguridade, socorrismo e preparadas para intervencións de emerxencia”, destacou o rexedor.

Caballero indicou que se trata “dunha magnífica atención á xente que se desprace a disfrutar dos areais”, tanto da cidade como de fóra.

Descargar todas as imaxes