Escoitar

O Concello mellorará o abastecemento de auga en 13 rúas da cidade

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da extensión da rede de mallado para mellorar o servizo de auga en rúas de Beade, Lavadores, Teis, Sárdoma, Coruxo, Navia, Coia e no centro cun importe de case 900.000 euros

sábado, 25 mai 2024

Abel Caballero informou da mellora do abastecemento de auga en 13 rúas en distintas parroquias da cidade. O goberno local segue a investir na extensión da rede de mallado, nesta ocasión con actuacións na rúa San Correa (Beade), Baixada a San Roque, Ramón Nieto (Lavadores), CEIP Paraixal (Teis), Camiño Eidos (Sárdoma), Rúa San Isidoro Romero Caballero (Coia), Rúa Breadouro – Combro (Coruxo), CEIP San Tegra (Teis), Doutor Corbal (Teis), Camiño Outeiro (Sárdoma), Camiño Saíñas (Navia), Camiño Chumba (Teis) e rúa Carrasqueira (Coruxo).

O Concello está a traballar na configuración da rede cun trazado reticulado que en caso de avaría evita deixar sen subministro aos veciños do entorno e permite mellorar a renovación da auga. Amais, o goberno local está a investir na construción da nova potabilizadora por 25 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes