Escoitar

Aberta a inscrición para as xornadas formativas 25N Vigo. O negacionismo é o Machismo

As persoas interesadas en asistir ás “Xornadas formativas 25N Vigo. O negacionismo e o machismo”, organizadas pola concellería de Igualdade do Concello e o Consello Municipal da Muller, poden inscribirse na dirección de correo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org. As prazas están limitadas.

mércores, 15 nov 2023
Abel Caballero coas concelleiras Carmela Silva, Elena Espinosa, Olga Alonso e María Lago
Abel Caballero coas concelleiras Carmela Silva, Elena Espinosa, Olga Alonso e María Lago

As xornadas formativas organizadas polo Concello, os días 27 e 28 de novembro, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mujeres, manteñen aberta a inscrición ata que se esgoten os postos fixados, que se adxudicarán por orde de inscripción.

Abel Caballero inaugurará o luns 27, na sala de conferencias de Afundación, o programa que comezará coa intervención de Yolanda Domínguez, artista visual experta en comunicación para a igualdade, sobre “a violencia cultural contra as mulleres”. Acto seguido, As xuízas especialistas en violencia de xénero, Paz Filgueira Paz e Cira García Domínguez, abordarán os “Novos retos desde os tribunais “ante a violencia de xénero”.

O martes 28 o programa inclúe a intervención de Silvia Buabent Vallejo, activista feminista, titulada: “Contra a violencia machista, políticas públicas de igualdade”. Después, a politóloga Priscila Retamozos; a consultora Cristina Louzán, y Sara Piñeiro e Iria Otero, promotoras da axencia de creatividade e transformadora para empresas conscientes Aspeaky Branders, abordarán a “Violencia de xénero e mocidade: identificando retos desde unha perspectiva multidisciplinar”.

Na última conferencia Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora e profesora da Universidade de Vigo, aborda “Por que a prostitución segue fóra do marco da políticas públicas contra a violencia de xénero”.

No acto de clausura entregaranse os diplomas acreditativos da asistencia.

Esta actividade está integrada no Programa de actos do 25N, organizado pola Concellería de Igualdade e mais o Consello Municipal da Muller.

Descargar todas as imaxes