Escoitar

O Concello aprobará provisionalmente o orzamento no pleno do 22 de decembro

O alcalde deu conta este venres da tramitación do documento orzamentario que quedará aprobado antes de que remate o ano polo que a cidade contará con “17 orzamentos consecutivos” aprobados.

venres, 27 out 2023
Imaxe de arquivo dunha votación no Pleno da Corporación Municipal
Imaxe de arquivo dunha votación no Pleno da Corporación Municipal

Abel Caballero vén de asinar as bases e a memoria do orzamento municipal para o ano 2024 que continúa, con este paso, a súa tramitación á espera dos informes preceptivos de Intervención.

Tal e como explicou, a previsión é que o 7 de novembro se aprobe o documento do orzamento en Xunta de Goberno e, a partir dese momento, quedará aberto o período de presentación de emendas da oposición ao que seguirá a convocatoria do pleno de aprobación provisional e posteriormente, a definitiva. Segundo esta tramitación, os orzamentos de Vigo para 2024 quedarán aprobados no pleno do 22 de decembro.

“A cidade contou con 17 orzamentos consecutivos desde que son alcalde, cada ano un orzamento, por tanto a mostra máis importante de estabilidade política”, recalcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes