Escoitar

O Concello de Vigo destina máis dun millón de euros para o programa de fomento do emprego das entidades sen ánimo de lucro

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno do programa de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro, “que dará emprego a 182 persoas en 74 entidades”. Tamén se aprobou a adxudicación do servizo de roteiros marítimos guiados gratuítos pola ría de Vigo.

venres, 11 ago 2023
Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

Na Xunta de Goberno Local desta mañá, aprobouse o programa de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro, cun importe de 1.051.888,48€. Como explicou Caballero, son 182 postos de traballo para 74 entidades da cidade: veciñais e culturais sociais e asistenciais; empresariais; deportivas; organizacións sindicais e comunidades de montes. Esta convocatoria, ademais de fomentar o emprego pretende facilitar experiencia laboral a persoas desempregadas; contribuír ao funcionamento das asociacións; apoiar ás entidades asociativas e deportivas.

Rutas pola ría

Aprobouse a adxudicación do servizo de roteiros marítimos guiados gratuítas pola ría de Vigo para os anos 2023 e 2024. Esta enmarcado no “Programa de Avellentamento Activo: Vigo, cidade amiga dúas maiores” e ten un importe de 70.180€. Caballero indicou que “ofertamos 2.695 prazas a bordo dun barco con capacidade para 55 pasaxeiros”.

Hai prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida e teñen unha duración dunha hora e media. Estes viaxes permiten coñecer a ría e o seu fondo mariño xa que o barco está dotado cun robot de visión submarina. O alcalde tamén sinala que “é unha actividade para todas as persoas maiores de 65 anos que poden ir acompañadas dun familiar ou coidador”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes