Escoitar

Nova oportunidade para adquirir as reservas para o concerto de Ana Mena

As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o venres 11 de agosto a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias.

xoves, 10 ago 2023

O Concello abre a taquilla online o venres 11 de agosto a partir das 9:30 horas para a venda de reservas en platea para o concerto de Ana Mena en Castrelos. Os pases estarán dispoñibles ata o fin de existencias a través de www.vigoenfestas.com.

Ana Mena parará en Vigo dentro do seu “Bellodrama Tour”, cun concerto en Castrelos o próximo martes 15 de agosto a partir das 22:00 horas. A artista conta con mais de 6 millóns de oíntes mensuais en Spotify e con mais de 1.700 millóns de reproducións en Youtube. Ademais, Ana Mena colaborou con outros grandes artistas e acumula 44 discos de platino, un disco de diamante e 4 discos de ouro.

 

Descargar todas as imaxes