Escoitar

O goberno local reformará o parque de Camilo José Cela

Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno aprobará este venres o proxecto cofinanciado co Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

xoves, 10 ago 2023

O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno aprobará o venres o proxecto de renovación do parque Camilo José Cela que supón unha inversión de 394.009 euros. O novo parque, que terá zona infantil e de ocio e saúde, conta cun financiamento de 120.000 euros dos fondos europeos Next Generation EU distribuídos polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Caballero detallou que o parque infantil terá un pavimento de caucho antiimpactos, xogos con temática literatura, novas atraccións infantís como unha cama elástica, reparación da zona deportiva, construción dunha zona biosaudable e novo mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes