Escoitar

Este mércores, 12 de xullo, comezan as actuacións infantís en Castrelos con acceso a través de sistemas QR

O rexedor avanzou que se “repartiran códigos QR en papel, co que se poderá acceder en calqueira momento da actuación”. As reservas de David Bisbal sairán mañá á venda, sobre a que Caballero recomendou aos asistentes “tratar de acceder con tempo á platea para que non se quede ninguén fóra co concerto en marcha”.

luns, 10 xul 2023

Abel Caballero falou esta mañá das actuacións infantís que arrincan o mércores con “Pinocho” ás 20:00h, ao que invitou a todas as familias da cidade “a gozar con este espectáculo infantil”. Este ano, contarán este ano cun acceso mediante códigos QR, que estarán impresas en papel e repartiranse nas inmediacións do acceso ao auditorio de Castrelos, permitindo a posibilidade de entrada y saída do recinto durante o evento.

O alcalde aproveitou para animar e recomendar o público o acceso temperán a platea do auditorio para que todos os espectadores gocen o completo da actuación. As reservas do concerto de David Bisbal do vindeiro sábado 15 de xullo ás 22:00h, sairán mañá a venda combinando o formato online co presencial. Deste xeito, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada turno serán online a través de www.vigoenfestas.com e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal).

Para os asistentes que adquiran as reservas da platea, Caballero recomendou que se intente acceder con tempo “xa que se gran parte dos usuarios chegan a falta de 10 minutos resulta imposible que se atopen dentro do recinto para o inicio da actuación, por moi rápido que se axilice o acceso” o que provocou “que tivésemos que atrasar algo o inicio da actuación de Andrés Calamaro”.

Descargar todas as imaxes