Caballero asiste á inauguración da exposición “Fragmentos de onte”
O alcalde participou na inauguración da exposición “Fragmentos de onte”, das bodegas Martín Códax na sede de Afundación, un percorrido visual da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderon, que afonda na vida cotiá de Galicia a través dunha serie de imaxes que captan as diferentes profesións máis artesanais. Amais, acompañan a exposición fotográfica manequíns que recrean a vida en Galicia nos anos 20. Abel Caballero louvou a acción cultural por parte da cooperativa vitivinícola, que comercializa unha edición especial do seu albariño cunha das fotografías tomadas pola fotógrafa. A exposición estará na sede de Afundación de Vigo ata o 10 de xuño.