Escoitar

O Concello adquire a parcela de Enrique Lorenzo 54 na que se vai construír a biblioteca de Teis

O goberno municipal dará luz verde mañá á compra da parcela de Enrique Lorenzo na que se van construír a biblioteca de Teis. Unha vez formalizada a adquisición, procederase de forma inmediata á licitación do proxecto de derribo dado o mal estado de conservación que presenta o inmoble.

mércores, 19 abr 2023

A Xunta de Goberno dará luz verde mañá á adquisición do antigo edificio da Seguridade Social de Teis, que se converterá nunha biblioteca. Tal como indicou o rexedor, nos próximos días firmarase a escritura de compravenda da parcela de Enrique Lorenzo 54 e, inmediatamente despois, licitarase o proxecto de derribo dado que o estado actual do inmoble non permite a súa rehabilitación. Cun orzamento de compra de 199.662 euros, o goberno local arranca deste modo a construción da futura biblioteca de Teis.

Descargar todas as imaxes