Escoitar

O goberno de Vigo actuará de forma subsidiaria no edificio de Colón 38 para garantir a seguridade

O alcalde anunciou esta mañá a actuación municipal para preservar a seguridade no edificio de Colón 38 para o que vén de contratar as obras de baleirado do interior. O Concello investirá 143.000 euros de xeito subsidiario e, posteriormente, repercutirá este custe na propiedade.

martes, 18 abr 2023

O Goberno local vén de contratar as obras de execución subsidiaria do baleirado interior da edificación situada en Colón 38 por grave risco de seguridade. Esta decisión responde á inacción dos propietarios deste edificio catalogado que non actuaron tal e como se lle esixiu a principios de ano. O pasado 27 de xaneiro ordenouse á propiedade a adopción de medidas excepcionais de protección consistentes no baleirado da parte interior do inmoble e o mantemento das fachadas, que están catalogadas.

Co informe favorable de Patrimonio, o Concello autorizou un gasto de 143,378,95 euros para acometer estes traballos, un custo que será posteriormente repercutido á propiedade.

 

Descargar todas as imaxes